Rompamos barreiras
de comunicación
Son Lucía Doval, tradutora autónoma especializada en tradución audiovisual e editorial (inglés>castelán/galego).
Axúdoche a levar os teus proxectos a un público máis amplo,
coa calidade que a túa obra e mais a súa experiencia merecen.
Rompamos as barreiras lingüísticas, culturais e sensoriais
que se interpoñan entre as túas creacións e as persoas.

Sobre min
Con varios anos de experiencia ás miñas costas, teño participado activamente en numerosos proxectos creativos e traballado man a man con profesionais do cine, da música, do teatro e das redes sociais.
Traballo tamén con empresas provedoras de servizos lingüísticos
e subtitulo para canles de televisión e plataformas dixitais.
Do meu teclado saíron os subtítulos en galego de obras como
O Señor dos Aneis: Os Aneis de Poder, Citadel, K-Pop Demon Hunters,
A lista terminal: O lobo da escuridade, Untamed, My Lady Jane
ou A festa das salchichas: Alimentopía.
Fascíname o coñecemento en todas as súas formas. Son unha ávida lectora de libros de non ficción e son cantautora e pianista.
Se o teu proxecto trata temas como a psicoloxía, a filosofía, a música,
a arte ou os misterios da realidade humana, saberei entenderte
e adaptarme ao que precisas.
A miña formación:
Máster en Tradución Audiovisual
Universitat Autònoma de Barcelona
Grao en Tradución e Interpretación
Universidade de Vigo; Dublin City University
Grao Profesional de Piano
Conservatorio Profesional de Música de Vigo
Grao en Psicoloxía (en proceso)
UNED
Seminario de adaptación de cancións para dobraxe
ATRAE, con Josep Llurba e Quico Rovira-Beleta
Seminario de axuste e adaptación para dobraxe
ATRAE, con Ángel Fernández, Iñaki Torre e María Ovelar
Servizos

Subtítulos
Subtitulado para cine, televisión, redes sociais e plataformas de streaming.


Tradución e axuste
para dobraxe e teatro musical.
Tradución e adaptación de guións; adaptación de cancións para dobraxe e musical.
Tradución literaria
Tradución de libros e contos; adaptación de poemas.


Música
Actuación con piano e voz, adaptación de cancións, composición.
Accesibilidade
Subtítulos para persoas xordas (SPX), audiodescrición (AD) para persoas cegas.
Esquecíame… Escribín un libro

Sinopse
O instituto é unha etapa clave na vida dunha persoa. Non só medra e cambia o teu CORPO, tamén o fan a túa MENTE e as túas EMOCIÓNS. Comezas a preguntarte se che gusta ou non o que ves no espello, se estás a escoller ben as palabras cando falas co teu crush, ou se darás traballado en algo chulo cando sexas maior.
Hai persoas que nunca chegan a responder estas preguntas, e aos 50 anos seguen sen saber tratarse con amor cando se miran no espello. Pero nunca é cedo ni tarde para aprender, ¿non si?
Nesta obra de non ficción, fresca e reflexiva, Lucía Doval comparte coa súa sobriña Raquel (e con quen se queira asomar ás súas páxinas) algúns segredos sobre a vida que oxalá aprendese antes para aforrar unhas cantas dores de cabeza e de corazón.
